20/05/13. Concerto das Miniaturas Musicais de Granell no Auditorio de Ourense. Domingo 20 ás 20:30h. Un ano despois de se ter feito alí a gravación do disco, a banda ao completo ofrecerá o concerto presentación das Miniaturas. Entradas á venda en Servinova.
18/05/13. Presentación do libro-cd na Livraría Torga, ás 18h. Coa presenza de Ramom Almuinha e Alejandro Vargas, e coa presenza especial de Xoan Carlos de Dios. Ao remate do acto Vargas interpretará uns fragmentos da música ao piano.
18/05/13. Rolda de prensa de prensentación das Miniaturas Musicais de Granell en Ourense, coa presenza de Ramom Pinheiro, Alejandro Vargas e da Concelleira de Cultura, Ana Garrido.
27 e 28/07/13. Miniatura de presentación do Festival Sinsal. Illa de San Simón. Redondela. Alejandro Vargas, Mónica de Nut e LAR Legido ofrecerán un petisco musical, de 15:45 a 16:15h. Música escondida que fará mover a sensibilidade dos que os atopen. O domingo 28, Ramón Pinheiro presentará o proxecto global das Miniaturas de Eugenio Granell, Música Revelada tamén na Illa. Será a partir das 16:30h
23/05/13. Presentación do libro-cd na Feira do Libro de Pontevedra. Falan Olga Nogueira e Antón Sobral. Ao final do acto José Manuel Díaz (contrabaixo) e Mónica de Nut (voz) interpretaron uns fragmentos das músicas de Granell e fixeron as delicias de adultos e, sobre rodo, dos moitísimos nenos e nenas que asistiron á presentación.
22/05/13. Alejandro Vargas e Ramón Pinheiro recollen na Habana o Premio Especial Cubadisco 2013 polas Miniaturas Musicais de Granell. Ambos destacan a importancia deste premio que chega a penas cinco meses despois da presentación do proxecto. Na Habana Vargas ofreceu un adianto das Miniaturas no Clube de Jazz Miramar.
20/05/13. Este xoves 23 ás 18h, no marco da Feira do Libro de Pontevedra, terá lugar a presentación do libro-CD das Miniaturas Musicais de Granell. Estará presentado por Antón Sobral, e contará coa presenza de Olga Nogueira (aCentral Folque). Nel poderase escoitar un pequeno adianto musical na voz de Mónica de Nut, acompañada ao contrabaixo por José Manuel Díaz. Para os que aínda non as coñezades, lembrámosvos que as Miniaturas de Eugenio Granell: Música revelada constan de dous libros e un CD. Un dos volumes contén un traballo da investigadora viguesa Sonsoles Hernández sobre a faceta musical de Eugenio Granell, nunca antes estudada e o CD coas composicións de Alejandro Vargas. No segundo libro, organizado por Benxamín Otero, ofrécense, por primeira vez, as partituras das anotacións musicais de Granell.
17/05/13. Grazas a un convenio de colaboración de aCentral Folque e a Fundación Autor, Ramón Pinheiro e Alejandro Vargas, viaxan a La Habana, a recoller o Premio Especial Cubadisco polas Miniaturas Musicais de Granell, nunha gala que terá lugar mañán sábado 18, no Teatro Nacional de La Habana.
08/05/13. Xa están á venda as entradas para o concerto das Miniaturas Musicais de Granell en Pontevedra. A cita, o vindeiro sábado 25 de maio, ás 21h no Teatro Principal de Pontevedra. Será o primeiro concerto da banda dende que foron galardoados co Premio Especial Cubadisco 2013. Sen dúbida un concerto especial cun aforo limitado. Non o perdades!
27/04/2013. “Un surrealista gallego pasado por el jazz cubano“. Excelente artigo sobre as Miniaturas Musicais de Granell en “La Jaribilla”, Revista de Cultura Cubana.
25/04/2013. As Miniaturas de Eugenio Granell, Música revelada, gañan o Premio Especial do Cubadisco 2013, o certame de música máis importante da illa, e do que opina o xurado que é “un disco-libro de sobresaliente calidad y con fronteras en la vanguardia musical”. En Cuba xa o souberon ver. A ver que acontece nos Premios da Música Galega.
18/04/2013. Concertazo o desta noite na Coruña. Obrigado @s valentes asistentes. E @s que non puidéstedes vir non perdades a próxima cita: sábado 25 de maio ás 21h no Teatro Principal de Pontevedra.
17/04/13. Manuel Rivas afirma que as Miniaturas Musicais de Granell lle están a servir de inspiración para escribir nestes días… Moitas grazas, Manolo, pola túa xenerosidade e entusiasmo.
16/04/13. Esta tarde presentamos na Coruña o libro-cd Miniaturas de Eugenio Granell: Música revelada. O escritor Manuel Rivas será o condutor dun acto no que falarán Ramón Pinheiro (director artístico do proxecto) e Alejandro Vargas (director musical). O acto terá lugar en Portas Ártabras (R/ Sinagoga 22). Vargas fará unha intervención musical ao rematar.
10/04/13. Xa están á venda as entradas para o concerto das Miniaturas de Granell na Coruña. Xoves 18 ás 20:30h, Teatro Rosalía de Castro. Non quededes sen elas!
27/03/13. Arrinca a xira galega de presentacións das Miniaturas musicais de Granell. Anotade nas axendas e non quededes sen entrada: xoves 18 de abril, 20:30h, no Teatro Rosalía da Coruña e sábado 25 de maio, 21h, no Teatro Principal de Pontevedra. Seguiremos informando.
21/12/12. Aberta contratación das Miniaturas musicais de Granell (formato cuarteto ou cuarteto + colaboradores) para 2013. Vémonos en breve en Teatros, Auditorios, Festivais de Jazz, de Improvisación, Museos, Centros de Arte… en Galiza e no mundo
2/12/12. Concerto de presentación: domingo 2 de decembro 2012 ás 19h, na Cidade da Cultura. concerto coa banda completa: Alejandro Vargas (piano), José Manuel Díaz (contrabaixo), LAR Legido (batería), Mónica de Nut (voz), Germán Díaz (zanfona), Edelmiro Fernández (gaita) e María Xosé Pampano (viola)
1/12/12. Sinatura de exemplares: sábado 1 de decembro 2012, de 17 a 18h no Culturgal (Pontevedra), sinatura de exemplares do libro-disco Miniaturas musicales de Eugenio Granell. Música revelada. encontro co director artístico, Ramom Pinheiro e co director musical, Alejandro Vargas
28/11/12. Presentación libro-disco na Fundación Granell: mércores 28 de novembro 2012, a partir das 19:30h, presentación do libro-disco Miniaturas musicais de Eugenio Granell. Música revelada na Fundación Granell de Compostela. En presenza do director artístico, do director musical, dos colaboradores e patrocinadores. Entrada gratuíta até completar aforo